Ultimas novas dende Zaragoza

10 03 2012

Esta fin de semana estase a disputar en Zaragoza o Campionato de España de Veteranos de Pista Cuberta, o noso presindente acaba de correr o 800m.l acadando a terceira posición, a falta dos tempos oficiais.

Recordar tamén que estan a participar nesta competición máis atletas lucenses como Javier Toro e Carmen Ferreiro.

Mañá informaremos dos resultados oficiais o completo.





Bo Nadal!

25 12 2011

O equipo Verxel Nutrición Deportiva desexavos un bo nadal a todos e un feliz ano novo!

Lugo





Lugo Monumental

17 12 2011

O domingo as 11 da mañá antes de irnos todos a calentar para a carreira, sacaremos unha foto na Plaza de España, os que desexen estar co equipo na foto acudir puntuales a cita e a poder ser coa equipacion oficial!

Gracias a todos! e moita sorte!





Campionato Galego de Clubes 2011! (Lugo)

13 09 2011

O pasado sábado 10 de setembro tivo lugar en Lugo o Campionato Galego de Clubes 2011 no que os Clubes locales saldaron a xornada con éxito. Cun primer posto do Lucus na clasificación global Cadete e Júnior, pola súa parte o Franciscanos gañou a única categoría na que presentou equipo nunha victoria que se decidiu no relevo largo cando o San Fernando Lucus era descalificado.

A xornada deixounos sen ningunha gran actuación, debido seguramente a falta de entreno de case todos os atletas pola proximidade do verán. Ahora o Lucus tócalle pensar na Fase Previa dos Campionatos de España o 24 en Valladolid os Cadetes e o 1 de Outubro en León os Júnior.

Aquí os deixo unhas fotos da celebración que vivimos no San Fernando Lucus!

This slideshow requires JavaScript.





Productos da tenda: Animal Pak

4 08 2011

ANIMAL PAK

A millor arma para alimentar os teus adestramentos intensos, este producto esta cargado polos máis avanzados e millores nutrientes para deportistas. Cada sobre conten unha potente combinación de vitaminas e complexos minerais avanzados, potenciadores do rendemento, axentes lipotrópicos, enzimas dixestivas e enerxéticos fabulosos para antes de entrenar. Todos combinanse de forma equilibrada, dentro dunha fórmula de emisión continua de 11 tabletas de fácil asimilación por parte do organismo.

Animal Pak Verxel

Producto que poderas encontrar na tenda.

Cada pack suministra uns 55 ingredientes que son liberados nas cantidades xustas en cada momento. Cada unha das 11 tabletas que conten cada pak, formuláronse específicamente para entregar todas as súas propiedades previndo da falta de calquera carencia nutricional.

 

Beneficios:

  • Definición muscular
  • Aporte óptimo de vitaminas e minerais
  • Favorece a síntesis protéica
  • Favorece unha recuperación máis rápida
  • Aumenta o metabolismo enerxético
  • Aumenta a forza
  • Incrementa a masa muscular

 

Animal Pak é o suplemento alimenticio máis vendido no mundo durante 21 anos consecutivos. O 90% dos atletas olímpicos usaron este impresionante multivitaminico/mineral.

Información Nutricional
Mezcla de aminoácidos: Lisina (de lactoalbúmina) 300mg • Metionina (de lactoalbúmina) 500mg • Leucina (de lactoalbúmina) 100mg • Valina (de lactoalbúmina) 760mg Treonina (de lactoalbúmina) 48mg • Ácido glutámico (de lactoalbúmina) 700mg • Fenilalanina (de lactoalbúmina) 560mg • Arginina (como L-arginina) 2g • Potenciadores del rendimiento: Ginseng siberiano (raíz) 2g • Ginseng asiático (raíz) 250mg • Smilax officinalis (raíz) 500mg • Protógeno A (como ácido tióctico) 200mcg • Inosina (como hipoxantina ribósido) 500mg • Alfacetoglutarato de piridoxina (PAK) 200mg • Carnitina (como L-carnitina) 25mg • Picolinato de cromo 50mcg • Coenzima A 20mg • Coenzima B12 10mg • Fosfatidilcolina 200mg • Ácido paraaminobenzoico (PABA) 400mg Calostro (bovino) 25mg • Hígado bovino (de ganado argentino) 3,9g • Cartílago de tiburón 1g • Complejo de colina 1,2g • Bioflavonoides (cítrico) 1g • Complejo de ácidos grasos esenciales Ácido linoleico 200mg • Ácido oleico 100mg • Enzimas digestivas: Clorhidrato de C5H11NO2 200mg • Pepsina 64mg • Papaína 64mg • Bilis de buey (bovina) 120mg • Pancreatina 700mg • Micozima 64mg





Non descansamos!

4 08 2011

O próximo fin de semana o noso equipo acudirá a 12ª edición da Milla Urbana de Calasparra en Murcia, na que participarán, a falta de confirmación dalguns membros do equipo, Jose Manuel Fernández e María del Mar García.

Ademáis queremos animar a todos os menbros do equipo a seguir participando en probas durante o parón de verán, así que aquí tedes unha lista:

06-8-2011 Carreira popular Concello de Castro de Rei

06-8-2011 XX Milla Urbana do Concello de Castro de Ares (Ferrol)

13-8-2011 Carreira Popular do Concello de Cartelle

27-8-2011 Correndo por Ourense-Carreira Nocturna

Incripcións en www.championchipnorte.com ou avisar coa máxima antelación a clubverxel@gmail.com

Animo e a seguir!





Resultados do Campionato Galego Absoluto 2011

25 07 2011

O pasado sábado 23 tivo lugar en nas pistas de Ferrol (A Malata) o Campionato Galego Absoluto e de relevos 2011 no que finalmente non participou ningún atleta do noso equipo.

Si participaron varios atletas lucenses que o sábado marcharon de Ferrol con numerosas medallas colgadas do pescozo como Miguel Pérez e Agostiño Reigosa que ocuparon o 2º e 3º caixóns do podium de altura, Nicolás Arrojo que revalidou o título de campeón no 1500m.l e máis tarde fixo volvía subir o caixón máis alto do podium no 3000 obstáculos, Carlos Villamor que proclamouse vencedor nos 5000m.l, Sandra Fernández que acadaba a 3ª posición no 400m.l, os relevos absolutos do San Fernando Lucus marcharon tamén cos deberes feitos o acadar a 2ª posición no 4×100 feminino e 4×400 masculino, así como a 3ª plaza no 4×400 masculino.

Dende Verxel Nutrición Deportiva darlles a noraboa a todos os medallistas e tamén o resto dos participantes lucenses no campionato.

This slideshow requires JavaScript.








Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.

Únete a otros 107 seguidores